CRTVG

Buscar

Aparatoso incendio, sen feridos, nunha nave agrícola en Calvos de Randín

Publicado o 20/06/2020 09:24

O lume comezou na tarde do venres, pero os servizos de extinción tiveron que traballar ata ben entrada a madrugada deste sábado. Non houbo feridos e descoñecen polo de agora cales foron as causas que provocaron o incendio e que levou por diante ducias de pacas de palla que gardaban no interior da nave.

Tamén se viu afectada parte da maquinaria agrícola. Na extinción do lume interviñeron o GES de Muíños, a Garda Civil, motobombas do servizo de extinción de incendios da Xunta, así como bombeiros municipais.