CRTVG

Buscar

Aparatoso incendio dun silo no polígono das Gándaras, no Porriño

Publicado o 10/01/2019 14:19

Os bombeiros do Baixo Miño tiveron que extinguir esta mañá un incendio nunha empresa do polígono das Gándaras, no Porriño. Ata o lugar desprazáronse varias dotacións de bombeiros para poder apagar un incendio que se orixinou nun dos silos desta empresa, unha construtora de obras e vías.

O incendio só causou danos materiais pero obrigou os bombeiros a empregarse a fondo pola súa aparatosidade dada a súa situación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019