CRTVG

Buscar

Ferido un mozo tras caer co coche sobre a entrada dun aparcadoiro de Vigo

Publicado o 19/09/2019 09:14

A Policía Local investiga as causas do aparatoso accidente que se produciu contra as oito e media da mañá na rúa Lepanto e rematou cun coche envorcado na entrada do aparcadoiro da rúa Urzáiz e co seu condutor ferido de gravidade.

Segundo testemuñas do accidente, o vehículo accidentado circulaba pola rúa cando outro vehículo, posiblemente, tentou invadir o seu carril. O condutor tratou de esquivalo, saíu da vía, impactou primeiro contra os colectores do lixo que hai na rúa Lepanto e, posteriormente, bateu contra o muro de protección que ten a entrada do aparcadoiro da rúa Urzáiz. Rompeu o muro e o vehículo caeu envorcando sobre a entrada do aparcadoiro.

As testemuñas foron as primeiras en socorrer a vítima, un mozo, que logrou saír polo seu propio pé do coche. Posteriormente foi atendido polos servizos sanitarios e trasladado, consciente pero grave, ao hospital.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/09/2019