CRTVG

Buscar

Aparatoso accidente entre tres camións no polígono industrial de San Cibrao, en Ourense

Publicado o 10/09/2018 14:11

Un accidente de tráfico ocasionou este mediodía retencións importantes no polígono industrial de San Cibrao, en Ourense, despois de que tres camións chocaran nunha das rotondas de acceso. Ao parecer, o sinistro produciuse por un descoido dun dos condutores ao incorporarse á rotonda. Por mor do impacto, un dos camións levou por diante un dos sinais verticais e houbo que cortar o tráfico na zona xa que un dos camións verteu bastante aceite na calzada. Foi un sinistro moi aparatoso, pero só dous dos condutores quedaron feridos leves. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2018