CRTVG

Buscar

Aparatoso accidente de tráfico no campus de Lugo, con dúas mozas feridas

Publicado o 13/05/2021 14:09

Dúas mozas tiveron que ser excarceradas polos bombeiros de Lugo tras sufrir un accidente de tráfico. O coche en que viaxaban bateu brutalmente contra a Facultade de Ciencias do campus lugués.

Ambas as dúas resultaron feridas, polo que foron trasladadas ao HULA nunha ambulancia do 061. Así e todo, recibiron a alta tras seren atendidas no hospital.

A condutora, de 21 anos e veciña da cidade, deu positivo na proba da alcolemia, cunha taxa que cuadruplicaba a máxima permitida. Os axentes da Policía Local instruíronlle, por tanto, dilixencias por conducir bébeda. Pola comisión deste delito, podería enfrontarse a unha pena de entre tres e seis meses de cadea.
 

Noticias web

13/05/2021