CRTVG

Buscar

Aparatoso accidente de tráfico en Taragoña

Publicado o 20/10/2019 23:08

Aparatoso accidente en Taragoña, no concello de Rianxo. Unha moto que circulaba pola AC-305 bateu contra un coche que estaba atravesado na calzada tentando aparcar en batería. Ocorreu á unha e media da tarde no punto quilométrico 14.

Malia que ambos os dous vehículos quedaron visiblemente estragados, os condutores non sufriron feridas de consideración.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019