CRTVG

Buscar

Aparatoso accidente a carón da estación de tren de Ourense

Publicado o 04/08/2020 14:27

Foi contra as nove menos cuarto da mañá cando un forte estrondo alarmou os veciños da avenida de Marín, a carón da estación de tren de Ourense.

A muller circulaba en dirección ao centro da cidade cando bateu contra outro coche que estaba aparcado nun lateral da estrada. O seu propietario entrara un momento nunha cafetería a apenas uns metros do sinistro. Ninguén se explica moi ben que foi o que puido pasar, xa que é unha zona con visibilidade e ten limitada a velocidade por mor das obras da futura estación do AVE.

A muller quedou atrapada no coche e foron os viandantes e os traballadores que hai nas oficinas e os negocios da zona os primeiros en asistila.

Ao envorcar sobre un dos laterais do vehículo a muller non foi quen de saír polo seu propio pé.

A condutora, unha muller de 25 anos, foi trasladada por precaución o Complexo Hospitalario de Ourense. O sinistro obrigou a cortar o tráfico na avenida de Marín en ambos sentidos durante máis dunha hora. Arestora xa quedou restablecido.

Noticias web

04/08/2020