CRTVG

Buscar

Apagan dous incendios en dúas vivendas de Vigo sen vítimas

Publicado o 10/10/2019 18:11

Mediodía intenso para os bombeiros de Vigo, con dous incendios similares en dúas vivendas da cidade. Unha muller resultou afectada por inhalación de fume polo incendio na súa cociña ao prender fogo unha tixola. O mesmo sucedeu media hora despois nun piso de estudantes na rúa Urzaiz. Tamén prendeu fogo na cambota da cociña, e se precisou a intervención de dúas dotacións de bombeiros. Non houbo feridos, e a media tarde o tráfico circulaba con normalidade pola zona.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019