CRTVG

Buscar

O 2020 trae unha suba das peaxes da AP-9

Publicado o 09/12/2019 15:27

A partir do 1 de xaneiro, os condutores terán que facer fronte á suba xeral das autoestradas concesionadas polo Ministerio de Fomento. Unha porcentaxe ligada ao IPC cun incremento medio do 0,84%.

A esta suba xeral os usuarios da AP-9 terán que sumar outras dúas. É o 1% fixado para que Audasa recupere o que investiu en obras como a ampliación de Rande e a porcentaxe coa que se compensa a concesionaria polo treito de balde implantado en 2013 na viaxe de volta entre Vigo - Pontevedra.

Á falta da aprobación definitiva, Fomento e Audasa concretan a alza por treitos.

Calcúlase que o incremento será de máis dun 2,5%, o maior do previsto nas autoestradas españolas.

Reaccións no Parlamento de Galicia a esta nova suba das peaxes na autoestrada do Atlántico. O grupo parlamentario popular, o grupo común da esquerda e o grupo mixto coinciden en que é un escándalo e unha discriminación.

Mentres, a Xunta conxela para o ano que vén as peaxes das autoestradas autonómicas. O prezo dos treitos A Coruña-Arteixo e Vigo-Baiona non varían desde hai cinco anos.

 

Noticias web

09/12/2019