CRTVG

Buscar

Morren uns 23.000 polos no incendio dunha granxa en San Amaro

Publicado o 28/03/2021 21:11

Incendio nunha granxa de polos en San Amaro, en Ourense. As lapas calcinaron por completo unha das dúas naves que hai na explotación e causaron a morte de todos os animais que había dentro, arredor duns 23.000 pitos. Varios particulares alertaron a emerxencias contra as 6 da tarde.

Cando chegaron os bombeiros do Carballiño, parte da estrutura xa colpasara. Os equipos de extinción tardaron preto de dúas horas en sufocar o lume. Ata o lugar, na parroquia de Grixoa, tamén se traladaron axentes da Garda Civil, que tratarán de esclarecer as causas do suceso. 

Noticias web

28/03/2021