CRTVG

Buscar

Ao Obradoiro multiplicánselle as baixas no xogo interior

Publicado o 13/11/2020 17:00

Trece días sen competir. E na charla de Moncho Fernández quizais ata lle falou de meigas. O Obradoiro ten mancado a Daum. E perde agora durante un par de semanas o máximo reboteador e anotador, Laurynas Birutis. Torceu un nocello ao bater nun adestramento con Steven Enoch, que tamén quedou algo mancado.

Non queda aí a cousa: outro que torceu o nocello é o turco Kartal. Kartal atrasa a súa recuperación e o contratempo atangue a Albert Oliver, que remata o contrato o domingo, cando o Obradoiro, co xogo interior moi danado, visita o Baskonia.

Noticias web

13/11/2020