CRTVG

Buscar

Ao ano comeza con fortes nevaradas na montaña de Ourense

Publicado o 01/01/2021 14:23

Botan sal tralo paso da quitaneves. Levan horas traballando sen descanso. Neve e xeo que provocaron accidentes coma este na estrada 536, a altura de Rodicio. Os quitaneves manteñan limpa esta vía que comunica Ourense con Trives.

Nas zonas máis altas xa despediron o ano cubertos de branco. Complicacións sobre todo nas estradas de montaña ainda que o único vial que permanece cortado ao tráfico é a OU 122 no alto de Carballeda de Valdeorras. Os que amenceron cubertos de branco buscan o lado postivo neste comezo de ano.

As montañas do centro e do leste da provincia de Ourense permaneceran en aviso amarelo durante toda a xornada por nevaradas que poden callar por riba dos 600 metros.

Noticias web

01/01/2021