CRTVG

Buscar

Anxo Quintela gaña o Premio Nacional de Xornalismo Cultural 2019

Publicado o 24/09/2019 18:56

O escritor e xornalista vigués, que exerce a súa profesión na CRTVG, acaba de ser galardoado polo Ministerio de Cultura e Deporte co Premio Nacional de Periodismo Cultural 2019, dotado con 20.000 euros.

O xurado motivou a súa elección "pola súa traxectoria en múltiples campos do xornalismo cultural en lingua galega: na Radio Galega, con 'Diario Cultural', e na TVG, con 'O agro'. Pola súa continuada implicación no coñecemento e difusión da cultura rural, ás veces dasatendida, contribuíndo á súa lexitimación como parte da cultura nun sentido amplo".

Anxo Quintela naceu en Vigo en 1960. Amais da súa traxectoria no xornalismo, tamén é poeta, tradutor e actor e realizou distintos proxectos culturais de difusión de poesía, música e lingua galega.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019