CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Anxo Guerreiro estaba considerado un dos referentes da esquerda en Galicia

Publicado o 18/07/2013 21:30
Máis noticias


Anxo Guerreiro Carreiras naceu en Xermade, Lugo, o 28 de agosto de 1945, e era coñecido por todos polo alcume de Geluco.
Ingresou no Partido Comunista cando estudaba Químicas en Santiago de Compostela. A súa militancia levouno durante a ditadura de Franco varias veces ao cárcere..

En 1979 foi elixido secretario xeral do Partido Comunista de Galicia. En representación do seu partido, Anxo Guerreiro, foi un dos membros da comisión dos 16 responsables da redacción do Estatuto de Galicia. Aprobada a autonomía de Galicia, foi durante a primeira lexislatura do Parlamento de Galicia, de 1981 a 1985, o primeiro e único deputado do Partido Comunista.

En 1986 foi nomeado secretario xeral de Esquerda Unida en Galicia. Volveu ao Parlamento como deputado en 1997, despois de presentarse ás eleccións autonómicas en coalición co Partido Socialista e cos Verdes. Daquela, Esquerda Unida, liderada por Anguita desautorizou esta coalición e Anxo Guerreiro creou Esquerda de Galicia.

Na súa vida, Anxo Guerreiro foi un home polifacético: no Parlamento estaba considerado como político traballador e un orador brillante.

Nos últimos anos era habitual colaborador de diferentes medios escritos e de programas de debate político de radio e televisión, e mesmo presentou un programa de debate nunha televisión local galega.

O 14 de abril de 2007, os políticos de esquerda de Galicia, rendéronlle unha homenaxe en Santiago de Compostela.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

18/07/2013