CRTVG

Buscar

Anxelines fai un chamanento tras superar a covid-19: "Hai que facer as cousas con sentidiño porque é moi duro"

Publicado o 29/10/2020 14:33

Anxelines Puga: "Eu vexo a UCI coma se fose un pozo, véxoa abaixo, non sei o porqué, véxoa coma un abismo que caes e dis 'de aquí non saio'".

O coronavirus cebouse con Anxelines Puga. Estivo case dous meses hospitalizada, máis da metade na UCI, intubada e en coma inducido.

Anxelines Puga: "A túa familia non te pode vir ver, entón sénteste desprotexida, abandonada, triste, e entón a que te aferras?: a unha enfermeira, ao médico que te ven visitar, incluso á señora da limpeza que che daba os bos días pola mañá, incluso ela".

Ten 72 anos, é de Figueiredo, Paderne. Quedou viúva con 32 e dous pequenos pero a súa maior loita, di, foi contra a covid. Tivo que volver aprender a andar e falar.

Anxeles Puga: "Cando a doutora me dixo que me daba a alta eu saltaba de alegría, pero despois dixen: 'Deus meu, pero eu que vou facer á casa se no me podo valer por min mesma, xa o dixen, eu se agora me pilla a min lévame, non o aguanto".

Aínda se lle arrepía o corpo cando pensa o que sufriu e non desexa que ninguén pase polo mesmo.

Ánxeles Puga: "Hai que facer as cousas con sentidiño, porque é moi duro, a xente que non o pasou non o sabe".

Unha chamada á responsabilidade, pero tamén un reflexo da esperanza e da alegría de vivir.

Noticias web

29/10/2020