CRTVG

Buscar

Anulan o xuízo dos crime dos tirantes e terá que repetirse

Publicado o 07/04/2020 13:28

O xuízo do coñecido como crime dos tirantes terá que repetirse. O Tribunal Superior de Xustiza de Aragón declarou nula a vista que condenou a cinco anos de cadea o militante antisistema Rodrigo Lanza por golpear ata a morte a Víctor Laínez porque levaba tirantes coa bandeira de España.

A fiscalía e as acusacións solicitaran a anulación da sentenza que condenaba a Rodrigo Lanza a cinco anos de cadea por un delito de homicio por imprudencia, e o Tibunal Superior de Aragón acaba de darlles a razón. Considera que o veredicto do xurado é deficiente, que non explica por que acepta unhas probas e rexeita outras, polo que anula a vista e obriga a repetila con novo xuíz e novos maxistrados.

O suceso ocorreu en decembro de 2017 nun bar de Zaragoza. Rodrigo Lanza insultou a Víctor Laínez porque levaba uns tirantes coas cores da banderia de España, tirouno ao chan, golpeouno e deixouno agonizando. Laínez ingresou en coma no hospital, onde morreu días despois.

No primeiro xuízo, o xurado descartou que o agresor tivera intención de matar, e polo tanto desbotou o asasinato. A condena foi por homicidio por imprudencia con agravantes de aleivosía e motivos ideolóxicos.

Militante antisistema, Lanza, chileno afincado en España, xa fora condenado por deixar en estado vexetativo un policía local en Barcelona.

Noticias web

07/04/2020