CRTVG

Buscar

Anulan a multa a un veciño de Ponteareas pola ausencia do certificado do alcolímetro

Publicado o 03/05/2019 19:05
Anulan a multa a un veciño de Ponteareas pola ausencia do certificado do alcolímetro

O xulgado contencioso-administrativo número 2 de Pontevedra anulou a multa que a Garda Civil lle impuxera a un veciño de Ponteareas nun control de alcolemia en Arcade, no concello pontevedrés de Soutomaior. A senteza considera nula a sanción porque as autoridades non adxuntaron o certificado empregado nin no procemento administrativo nin no xudicial. "Vulnerouse o dereito á presunción de inocencia", explica o seu avogado, Sergio Silva. Por iso, o xuíz ordena a devolución dos 1.000 euros de multa e dos seis puntos que lle retiraron do carné de conducir. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí