CRTVG

Buscar

Antonio Serrat deixa Galicia para adestrarse cun grupo internacional de triatletas

Publicado o 01/01/2020 20:59

Con 24 anos, Antonio Serrat ten aínda moito percorrido no triatlon mundial. Está no posto 21 no ranking das series mundiais pero a redución de prazas por país vai complicarlle a presenza nas probas de elite.
Antonio Serrat: "Temos que agardar a ver cales son os criterios da Federación". 

Os cambios na Federación Galega, que prescindiu do seu adestrador, decidírono a buscar un grupo de traballo internacional. Serrat únese a un equipo estadounidense con corredores punteiros, que se vai concentrar en Suráfrica os próximos dous meses: "Motivábame correr con xente que vai diante nas carreiras"

A temporada pasada foi a primeira de Antonio Serrat en categoría absoluta. Serrat: "Quero seguir crecendo e pulir erros"

San Silvestre serviulle de despedida do trazado pontevedrés que tan ben coñece. Un ata logo para outro triatleta galego que irrompe no circuito mundial.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2020