CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Antonio Murado idea un apartamento para exhibir os seus cadros na galería Vilaseco da Coruña

Publicado o 30/11/2017 17:18

Antonio Murado agárdanos no apartamento que recreou na Galería Ana Vilaseco porque os cadros teñen outra vida en función do lugar onde residan ou dos obxectos que os acompañan.
E por iso que o artista pintou a parede, amoblou con deseños seus e alleos e colgou os seus cadros.

Trátase dunha reflexión do cadro coma obxecto que o leva a facer os bastidores e indagar por exemplo no efecto das costuras, tan usuais nos clásicos do barroco.
Falamos dos cadros monocromos ou do uso das veladuras, unha linguaxe habitual do pintor.

Nunha crise artística decidiu aprender o oficio de carpinteiro.
O apartamento esta amoblado con pezas coma esta mesa con 30 moedas de prata ou esta lámpada con forma de rama de arbore.
O artista preguntase onde está o límite da arte e do deseño.

Murado participou no proxecto Riverside doce miradas da galería Vilaseco, onde comentou imaxes coma esta de distintas persoas en procesos de traballos creativos.

Nacido en Lugo, veciño de Nova York, Antonio Murado non semella perder a brúxula da arte para bogar pola creación.

Intuición e concentración nun traballo en que, ás veces, simula loitar cos lenzos ou simula que é outro.

Os cadros de Antonio Murado habitan nun apartamento da galería Vilaseco.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

30/11/2017