Zigzag Diario
Antonio Manuel Fraga gaña o 1º Premio María Victoria Moreno de literatura xuvenil
Publicado o 24/04/2018 17:11
A primeira edición do Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil xa ten gañador. É Antonio Manuel Fraga pola obra 'O bestiario científico de Anxos Nogueirosa'.
O xurado destacou "a fortaleza das personaxes femininas e o feito de introducir o bestiario máxico galego nun contexto histórico, ademais da súa sensibilidade na escrita". Antonio Manuel Fraga explicou que levaba anos traballando neste libro dedicado a dúas mulleres: a científica Ánxeles Alvariño e a mestra Elvira Bao. A trama está ambientada nos anos da República e ten como escenario as colonias do sanatorio de Oza.