CRTVG

Buscar

Antonio López: "Vai ser difícil retomar as aulas presenciais neste curso"

Publicado o 03/04/2020 10:09

No conxunto de España non hai unha idea común do que van facer todas as universidades.

Antonio López é o reitor da Universidade de Santiago de Compostela: "Entre as tres universidades galegas si hai unha idea conxunta. Onte os tres reitores tivemos unha xuntanza e o vindeiro luns reunirémonos coa conselleira de Educación, Universidades e Formación Profesional e acabaremos de tomar esa decisión conxunta".

"Sabemos que o calendario vai marcar a evolución. E estamos á disposición das autoridades sanitarias para cumprir o que nos recomenden".

"Todo indica que vai ser difícil retomar unha actividade presencial antes de mediados de maio, que é cando, teoricamente, rematan as clases. Oxalá si poidamos recuperar a presencialidade nas probas de avaliación, falamos xa de xuño e xullo".

"Quizais para afrontarmos as avaliacións compensa agardar un pouquiño máis, ata a segunda semana de abril, para termos algún dato certo máis e comprobar se as probas poden ser presenciais ou non".

Noticias web

03/04/2020