CRTVG

Buscar

Antonio Couceiro asegura: "Pase o que pase, o futuro do Deportivo está garantido"

Publicado o 02/03/2021 16:38

Entende que o ascenso sería un "milagre"

Antonio Couceiro, presidente do novo consello de administración do Deportivo, comparece por primeira vez desde a súa chegada ao club. Sen o resto dos seus compañeiros de consello, Couceiro non dubida en sinalar que o club "vive uns dos seus momentos máis difíciles da súa historia" pero garante un proxecto "viable e sostible" pase o que pase.

Tamén advertiu que "o Deportivo está na situación máis delicada e complexa nos seus case 115 anos de historia".

Antonio Couceiro engadiu: "Non imos tomar ningunha decisión inminente, aínda que estamos preocupados coa situación. Non estamos satisfeitos e analizamos en que nos puidemos equivocar, pero non haberá decisións próximas".

Para o futuro, pretende un Deportivo máis estable, cimentado na canteira, e con Rubén de la Barrera no banquiño. Entende que o ascenso sería un "milagre".

Noticias web

02/03/2021