CRTVG

Buscar

Antonio Banderas, o mellor actor europeo do ano

Publicado o 07/12/2019 21:28

Antonio Banderas foi elixido o mellor actor europeo do ano pola súa interpretación en "Dolor e Gloria", a película de Pedro Almodóvar. A Academia do Cine Europeo rendeuse hoxe ante a interpretación do actor malagueño, o alter ego de Almodóvar na cinta máis autobiográfica do autor manchego.
Banderas interveu por videoconferencia desde Málaga, onde estes días protagoniza un musical. Desde a distancia agradeceu o premio, moi emocionado. Dixo que Almodóvar, ao que coñece desde hai 40 anos, foi un milagre na súa vida. E delegou no director, que estaba presente na cerimonia de Berlin, a recepción da estatuíña que o recoñece como o mellor actor do continente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019