CRTVG

Buscar

Antonio Alfonso gaña o enduro de Leiro e Jorge Paradelo faise co título galego

Publicado o 26/11/2019 16:30

E estamos en Leiro, na provincia de Ourense, ás beiras do río Avia. Nesta contorna disputouse a última proba do campionato galego de enduro, a liga de campo das motos na nosa comunidade. Despois de Tui, Piñor, Abegondo, San Sadurniño e A Rúa, a sexta carreira viaxaba á comarca do Ribeiro.

En termos absolutos, a carreira gañouna Antonio Alfonso e na clasificación xeral da regularidade o título foi para o valdeorrés Jorge Paradelo, dominador do campionato durante o ano. Na segunda praza clasificouse Juan Carlos Moreiras, da localidade pontevedresa de Valga. Cincuenta e tres pilotos estiveron nesta última proba. Incluída a presenza dun piloto francés.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/11/2019