Antoni Rosell, investigador medievalista: "Afonso X escolle o galego para expresar a súa subxectividade e tamén para o seu proxecto político"
Publicado o 17/01/2021 11:45
'Afonso X e Galicia' homenaxea o eei Sabio nos 800 anos do seu nacemento. A mostra do Consello da Cultura Galega estará ata o 24 de abril na Igrexa da Universidade en Santiago e despois itinerará por toda Galicia. Falamos co comisario e musicólogo Antoni Rosell dos documentos, obra e música que demostran o legado afonsino no esplendor da cultura galega medieval.