CRTVG

Buscar

Antón Sanchez: "Non ten nada que ver a ruptura coa designación do senador autonómico"

Publicado o 19/06/2019 10:51

No Bos días, entrevista a Anton Sánchez, voceiro de Anova, vicevoceiro do grupo parlamentario de En Marea, para falar da crise que está a atravesar o grupo. Antón Sánchez é un dos críticos co actual voceiro, Luís Villares.

Os críticos con Villares, dez dos catorce deputados, presentaron un candidato a senador distinto do de Luís Villares. Villares ameaza con expulsar os que votaron en contra da súa proposta. Se fose así, En Marea quedaría con catro deputados.

"A decisión da designación do senador autonómico correspóndelle ao grupo parlamentario. Eu apostei sempre por dialogar e buscar un consenso, non se conseguiu ese consenso desexado e o que se produce é unha decisión democrática amplamente respaldada no grupo, o resto son decisión que a min me sorprenden por pouco responsables, por moi destrutivas e por non entrender o que é este espazo e non aprender dos erros do pasado".

"Neste espazo non pode funcionar só o ordeno e mando, senón que ten que funcionar o diálogo, os acordos e a vontade de ter xenerosidade".

"Onde temos que solucionar o futuro do espazo de ruptura é en Galicia" (...). "Opacar todas a realidades de Galicia sobre as que estamos traballando é a consecuencia de esa irresponsabilidade".

"Non ten nada que ver a ruptura coa designación do senador autonómico; hai unha maioría ampla que respalda un candidato e iso é o que hai que aceptar. Máis aló diso, non entro a especular o que non dependa de min".

"Pase o que pase, defenderei todos aqueles principios polos que viñemos ao Parlamento Galego, e nos que sigo crendo".




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019