Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras, á fronte da nova Comisión Permanente de Anova
Anova celebrou hoxe a reunión constituínte da Coordinadora Nacional e elixiu por unanimidade unha nova Comisión Permanente. Esta dirección executiva contará con Martiño Noriega como responsable de accións políticas e con Xosé Manuel Beiras á fronte das relacións internacionais. Antón Sánchez continúa como portavoz nacional.
"Por min non vai quedar, e cónstanme que tampouco polos compañeiros e compañeiras de Anova, testar as posibilidades de construír hexemonías, de acumular forzas e estar á altura do momento para poder disputarlle nestes momentos o goberno galego ao Partido Popular, e o meu labor vai ser ese: o labor de intermediación e diálogo con todo o espazo á esquerda do PSOE", di Martiño Noriega, responsable de accións políticas de Anova.