CRTVG

Buscar

Antón Sánchez di que un procedemento revogatorio é o mellor para o caso Quinteiro

Publicado o 16/05/2018 20:44

O proceso de consulta ás bases aberto por En Marea para decidir o futuro da deputada Paula Quinteiro mantén vivas as discrepancias. O vicevoceiro de En Marea e secretario xeral de Anova, Antón Sánchez, volveu defender que a mellor opción para resolver este caso é un procedemento revogatorio. Marcos Cal, deputado de En Marea por Podemos, en cambio, remítese ao acordo do grupo parlamentario, que pedía abrir un expediente informativo a Quinteiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018