Gómez-Reino pide ás forzas progresistas unha campaña electoral limpa para o 5 de abril
Publicado o 29/02/2020 21:24
A ministra de Traballo e o secretario xeral de Podemos acompañaron a Antón Gómez Reino na súa presentación como candidato de Galicia en Común-Anova á presidencia da Xunta. No acto que acolleu o Palexco da Coruña tanto Yolanda Díaz como Pablo Iglesias incidiron nos avances logrados polo actual Goberno, como o incremento do salario mínimo ou a derrogación do despedimento de traballadores con baixas médicas.
Todos fixeron un chamamento á mobilización do voto progresista e pediron que as forzas políticas de esquerdas remen na mesma dirección para que Galicia non siga de costas ao cambio que xa se produciu a nivel estatal