Antón Gómez-Reino (Galicia en Común): "É o momento de construír o futuro"
Publicado o 30/06/2020 00:25
"Hoxe iniciamos o camiño para deixar atrás a Galicia do pasado e abrir paso á Galicia que vén. Atrás vai quedar o decenio negro do Partido Popular, que tanto dano lle fixo a Galicia, pero xa hai unha Galicia que vén, a do emprego, do respecto ás mulleres, das oportunidades para a xente nova", afirmou Gómez-Reino na súa última quenda.
"Todo iso non depende de min, depende de ti, se vas votar o 12 de xullo o Partido Popular será o pasado. É o momento de construír o futuro", concluíu.
#DebateTVG | Último minuto de @AntonGomezReino, de @EnComun_Gal. Toda a información, en https://t.co/8ceIXhHmTn pic.twitter.com/1lyllr0kZn
— G24 (@G24Noticias) June 29, 2020