CRTVG

Buscar

Antón Costas: "É o momento de gastar, non de mirar a débeda e o déficit público"

Publicado o 14/05/2020 14:21

O catedrático de Política e de Economía da Uaniversidade de Barcelona, Antón Costas, dixo esta esta mañá no Bos días que a crise económica provocada polo coronavirus precisa dun "novo contrato social".

Con esta crise aumentou moito o desemprego, dixo, pero a vantaxe, respeto da crise de 2008, é que agora "uns 50.000 desempregados poideron acollerse aos ERTE. Unha marabilla".

Para afrontar esta Crise, Antón Costas dixo que agora o Goberno ten que "gastar, gastar e gastar. O déficit públio vai aumentar, a débeda vai medrar, pero nón é momento de ocuparse diso". Engadiu que agora "hai que investir máis diñeiro no sistema sanitario e nas escolas para poder abrir con segurida, como están facendo os países do norte de Europa".

Costas tamén dixo que as actuacións do Goberno fronte á crise "están sendo meritorias, ao meu modo de ver".

Sobre o modelo económico actual, dixo o catedático de Economía, que "non hai que cambiar o que está ben, hai que mellorar o que se ten. Non se pode prescindir do turismo. O cartos do turismo foron os que permitiron modernizar o resto da economía en España".

Canto á postura adoptada por algúns países de Europa reticentes a axudar os países máis afectados pola pandemia, Antón Costas dixo que a Europa "non hai que pedirlle solidariedade, hai que pedirlle reciprocidade. Hai que lembrarlles a países como Alemania ou Holanda que que se poden financiar a coste negativo grazas ao resto de países, mentres que nós temos que pagar xuros pola débeda".

Noticias web

14/05/2020