Antón Costas: "O exceso de aforro do 2020 ten que saír a consumo"
Publicado o 24/03/2021 16:54
Antón Costas é catedrático de Política Económica na Universidade de Barcelona, e vai ser proposto ao Congreso como presidente deste órgano consultivo do Goberno.
Entre os seus papeis estará o de supervisar o reparto dos fondos europeos, para que sexa eficaz e equitativo. Este economista e enxeñeiro vigués é optimista respecto da actual crise económica derivada da pandemia, e cre que unha das claves é fomentar o consumo.