CRTVG

Buscar

Antón Costas: "Esta Diada xa non tivo o entusiasmo e a convicción das anteriores"

Publicado o 12/09/2019 12:03

Maite Teijido entrevista en Barcelona o catedrático de Política Económica na Universidade de Barcelona, Antón Costas. Na actualidade, este galego, nado en Vigo, asentado na cidade Condal, presidente do Círculo de Economía, é un dos economistas máis infuentes en Cataluña. Antón Costas analiza o que pasou onte na Diada, que con 600.000 persoas foi a cifra de participación máis baixa dos últimos anos.

"A manifestación de onte xa non tivo o entusiasmo e a convición das anteriores. Moita xente da que estaba onte na rúa estaba máis por solidariedade cos dirixentes políticos que están no cárcere que pola defensa da independencia unilateral. a manifestación de onte é a expresión de que se chegou a una rúa sen saída.(...) A situación pode ser que a vía esté morta pero o funeral sexa aínda longo".

"Na rúa, honestamente, non vexo unha posta pola ruptura unilateral. Si hai persoas que en Cataluña son independentistas desde hai moitos anos, e queren un estado propio, que é lexítimo. Pero tamén independentistas que queren a independencia aquí e agora e como sexa, estes son bastantes menos dos que normalmente se di".

"Os partidos nacionalistas seguirán sendo moi fortes. Desde 1980 ata as últimas eleccións do ano pasado, en Cataluña aproximadamente o 47 % dos cidadáns de Cataluña votan partidos nacionalistas. No futuro ese 47 % de cidadáns de Cataluña seguirán votando por partidos nacionalistas. A miña esperanza é que os partidos viren cara o nacionalismo democrático e constitucional e nacionalismo estatutario".


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019