CRTVG

Buscar

Anticorrupción pide o ingreso en prisión de catro condenados polos ERE

Publicado o 20/11/2019 18:35
Anticorrupción pide o ingreso en prisión de catro condenados polos ERE

A Fiscalía Anticorrupción de Sevilla pide o ingreso en prisión de catro dos condenados polos eres de Andalucía, dos que teñen as penas máis altas. Son os ex-conselleiros de Emprego Antonio Fernández e José Antonio Viera, e os ex-directores xerais de Traballo Francisco Javier Guerrero e Juan Márquez, cuxas condenas superan os sete anos de prisión.

A Fiscalía deixa fóra da petición o ex-presidente da Junta José Antonio Griñán, condenado a seis anos de cárcere.

 A Audiencia Provincial de Sevilla celebrará unha vista para decidir se atende a petición da fiscalía e envía os catro condenados a prisión preventiva.

Noticias web

20/11/2019