CRTVG

Buscar

Anticorrupción pide interrogar a Corinna Larsen sobre presuntas comisións no AVE á Meca

Publicado o 18/07/2019 08:11
Anticorrupción pide interrogar a Corinna Larsen sobre presuntas comisións no AVE á Meca

A Fiscalía Anticorrupción pediu a Londres poder interrogar a Corinna Larsen por videoconferencia sobre as presuntas comisións ilícitas do AVE á Meca. Queren que explique o contido dunha conversación que mantivo co ex-comisario Villarejo en 2015 en que aludía á construción da alta velocidade entre Medina e A Meca e os supostos pagos de empresas españolas a un saudita para conseguir o contrato.

A empresaria alemá respondeu a través do seu avogado que aínda non foi contactada e que estaría disposta a colaborar coas autoridades.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/07/2019