CRTVG

Buscar

Anticorrupción denuncia a xuíza de Sevilla que leva o caso dos ERE

Publicado o 04/07/2019 12:31


A Fiscalía Anticorrupción presentou unha denuncia ante o Consello Xeral do Poder Xudicial contra a maxistrada María de Los Ángeles Núñez Bolaños. Ela foi quen substituíu a Mercedes Ayala no ano 2015 no xulgado de instrucción número seis de Sevilla. Está a cargo do caso dos ERE, pero asume outras causas de presunta corrupción coma o caso Avales e o IDEA.

O Ministerio Público afirma que estes procesos se ven afectados pola desatención e atraso inxustificado na súa tramitación e resolución. E que se acaba obstaculizando o labor de esclarecemento dos feitos e da responsabilidade dos partícipes.

As consecuencias para María de los Ángeles Núñez Bolaños poderían ir dende unha multa, de considerarse falta grave, ata a suspensión, traslado ou a expulsión da carreira xudicial, se se valoran estes feitos como falta moi grave.




 

Noticias web

04/07/2019