CRTVG

Buscar

Antía Jácome: "O meu obxectivo é entrar na final e pelexar polas medallas"

Publicado o 06/07/2021 16:00

E esta mañá visitamos a Antía Jácome en Castrelo de Miño. A canoísta pontevedresa iniciou a preparacion para os xogos olímpicos. Aquí a teñen xunto ao seu adestrador, o romanés Marcel Glavan, e compartindo o adestramento con Antía Otero.

Foi a última galega en lograr a clasificación e afronta a esixente etapa final dos adestramentos. Antía Jácome asumiu a súa presenza en Toquio e pensa ao grande. Pensa nunha final e na pelexa polas medallas.

"O meu obxectivo é entrar na final e pelexar polas medallas", di a deportista olímpica en C-1 200 metros.

"Véxome adiante, véxome gañando, teño que pensar así", concluía Antía.

Noticias web

06/07/2021