CRTVG

Buscar

Antía Chamosa, mellor marca da historia como sub-23 na proba dos 35 quilómetros marcha

Publicado o 17/02/2021 18:22

Hai que ter un talento especial para participar por primeira vez nunha distancia que non é a túa e acabar facendo a mellor marca da historia na túa categoría. Iso foi o que fixo Antía Chamosa: "Non é a miña proba, a miña proba son os 20 quilómetros e nin sequera nesta carreira ía participar nos 35", di a marchadora. Os 35, son os 35 quilómetros marcha e a proba é esta, os campionatos de España celebrados en Sevilla. Foi quinta clasificada, cun tempo de 2 horas 58 minutos e 22 segundos. "O obxectivo era terminalo e atopar boas sensacións, ir de menos a máis e encontreime moi moi ben" explica Antía. 
Tan ben se atopou que esa marca lle permite aspirar a metas maiores, os campionatos de Europa: "Moi moi contenta de lograr rematar e con esa marca que é mínima, por debaixo da mínima que piden para o campionato de Europa. Moi moi contenta". 

A súa primeira experiencia nos 35 quilómetros fai que Antía empece a meditar en dar o paso á longa distancia: "Non o descarto. Polo de agora os 20 quilómetros son o meu obxectivo, son sub-23 pero para o ano que subo á categoría absoluta, pois gústanme as distancias longas e quen sabe no futuro". Un futuro que se presenta prometedor para esta atleta pontevedresa da Sociedade Ximnástica

Noticias web

17/02/2021