CRTVG

Buscar

Antes de viaxar fóra de Europa é recomendable vacinarse

Publicado o 07/08/2019 19:57

Se teñen pensado viaxar fóra de Europa nestas vacacións é importante que antes pasen por un centro de vacinación internacional. Na nosa comunidade hai máis dunha decena. O numero de viaxeiros que acoden a estas consultan incrementouse en máis dun 10 por cento o ano pasado.

Antonio vai viaxar dentro dun mes a Sri Lanka. Unha viaxe de pracer que hoxe o trae ata este Centro de Vacinación Internacional. Xa ten ido a outros destinos exóticos e sabe o importante que é previr para gozar das vacacións.

A da febre amarela é obrigatoria para entrar en moitos paises de Afríca e América do Sur, aínda que as vacinas máis habituais nesta consulta son contra a hepatite A e contra a febre tifoidea. Ademais de tratamentos preventivos, aquí tamén dan recomendacións como protexerse dos mosquitos ou non tomar alimentos crudos.

Recomendacións para gozar dunha viaxe sen sobresaltos. Débese pasar por esta consulta, polo menos, un mes e medio antes de partir. Con esta cartilla xa estamos listos para comezar a nosa viaxe de forma segura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/08/2019