CRTVG

Buscar

Ante as esixencias de dimisión, Ábalos asegura "vin para quedar e non me bota ninguén"

Publicado o 25/01/2020 15:30

O secretario de Organización do PSOE participaba este mediodía no Comité Nacional do PSdeG en Compostela... á entrada non se detiña a responder aos xornalistas...
Xa no seu discurso defendíase dos ataques da oposición polo seu encontro coa número dous de Maduro, e ironizaba sobre as esixencias de dimisión.

Ábalos: "Levo unha fin de semana rara, pero non me importa. Vin para quedar e non me bota ninguén"

Pola súa banda, Gonzalo Caballero criticaba o PPdeG por sacar o tema do IVE, da AP-9 e do AVE cando gobernan en Madrid os socialistas.
E defendeu que o PSdeG é o garante na defensa do financiamento autonómico
 

Noticias web

25/01/2020