CRTVG

Buscar

Ansiedade e dous anos sen salario, algunhas das consecuencias tras once meses retido no Iemen

Publicado o 14/09/2021 18:26

Pablo Costas era o capitán do Cobija, un pesqueiro agora propiedade dun armador somalí, que permaneceu 11 meses retido nun porto do Iemen por suposta pesca ilegal. As penalidades sufridas durante ese tempo compartiunas coa tripulación, unha trintena de mariñeiros de distintas nacionalidades: "Aguantamos porque pensamos que ía solucionarse por métodos comerciais e todo isto, pero non, aquí viñan castigarnos".

Pablo, que perdeu o traballo e o salario de 2 anos, recoñece que aquela traumática experiencia lle deixou problemas de ansiedade, da que está intentando recuperarse na súa casa de Bueu: "Pasados uns meses os agobios non son tan grandes, e máis psicolóxico que outra cousa. Todo se andará, recuperar o traballo, recuperar a vida familiar e un pouco recolocarse na sociedade pesqueira en que estamos".

O mariñeiro agradece o apoio recibido por parte de veciños e compañeiros durante o tempo que permaneceu retido no Iemen.

Noticias web

14/09/2021