Ansiedade e depresión, síntomas da fatiga pandémica
Publicado o 04/02/2021 21:08
Fatiga pandémica. Foi tamén a OMS quen acuñou o termo. Cada vez nos soa máis. Sabemos que é?
Despois de case un ano ímolo sabendo, si. En moitos casos tamén o imos padecendo. Os expertos din que amais de cansazo físico e mental pode provocar depresión e ansiedade.
Todos estamos expostos, tanto enfermos da covid como non. Un esforzo máis para combater unha visitante que, como o virus, chegou sen avisar.