CRTVG

Buscar

Anquela insiste en que o Deportivo vai sufrir toda a temporada

Publicado o 07/09/2019 13:35

Co peche do mercado de verán, chegaron cinco reforzos á Coruña. Todos eles entraron na convocatoria malia o pouco tempo de traballo co grupo. Pero as fichaxes non modifican o discurso de Anquela: traballo, traballo e máis traballo.

"Que o Deportivo é de primeira é evidente pero está na segunda e aquí non se sobe coa boca. Doado? Non creo que vaia ser doado ningún partido en segunda. Téñoo clarísimo e canto antes o asumamos, mellor para todos. Non temos unha variña máxica. Temos que gañalo todo a base de pico e pa e dun equipo que queira. Se non facemos iso, non lle gañamos a ninguén", explicou o técnico deportivista Juan Antonio Anquela.

Insiste Anquela en que ante o Albacete quere un equipo protagonista, que presione arriba e leve a iniciativa. Nuns minutos veremos o que pode dar de si o definitivo Deportivo 2019-20.
 

Noticias web

07/09/2019