Anquela: "Estou convencido de que imos saír desta"
Tras mes e medio sen gañar, en descenso e diante da visita a un dos grandes favoritos, Anquela reafírmase nas súas conviccións.
"Eu estou plenamente convencido no que estamos a facer e de que imos saír desta, non teño dúbida", asegura o técnico do Deportivo.
Recoñece, porén, que o equipo ten que superar o bloqueo mental no que anda metido.
"Parece que nos teñen que dar unha picadiña para que reaccionemos. Non. Na segunda división se che dan unha picada mal negocio é ese", explica Anquela.
Engade que non tardará en saír o potencial real do Deportivo.
"O único que eu quero é iso, que os rapaces se tranquilicen, xoguen ao fútbol e demostren o que son, porque eu creo que somos moito mellor equipo do que ata o de agora estamos sendo", sinala o técnico.
Para o desafío de Montilivi Anquela despraza todos os dispoñibles e augura máis dun troco no equipo.