CRTVG

Buscar

Anquela ante horas decisivas para a súa continuidade

Publicado o 07/10/2019 16:28

Veremos que sucede co futuro de Anquela. Oito puntos de trinta disputados é a colleita do Deportivo. Esta luns á tarde reúnese o consello de administración. No encontro co Almería a afección aplaudiu o esforzo do equipo. Anquela non parou na banda. Era o seu día.

A xente animou e en ningún momento culpou o adestrador da situación. A xente mira ao palco. Castiga o presidente e o director deportivo. A xente recoñece, dalgún xeito, que o entusiasmo de Anquela é innegociable. Anquela é o primeiro que sofre, tal e como acreditou á conclusión do encontro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019