CRTVG

Buscar

Anova renova esta semana a súa dirección entre críticas por non presentarse ás xerais

Publicado o 13/12/2019 14:49

Anova afronta esta fin de semana unha asemblea clave, en que vai renovar a súa dirección. Faino cun debate interno sobre as alianzas electorais e coas críticas dunha parte da formación por non presentarse ás xerais. Fronte ao sector máis nacionalista, estes militantes piden a reconciliación con Podemos e Esquerda Unida.

Antón Sánchez, voceiro nacional de Anova: "É normal que nunha organización como Anova haxa debate, e nós os debates plasmámolos en documentos que son públicos e que se coñecen. E iso é o normal. O que non sería normal é que non houbese eses debates".

Noticias web

13/12/2019