CRTVG

Buscar

Anova quítalle leixitimidade a unha suposta asemblea local en Ourense

Publicado o 09/03/2019 15:15

Anova emitiu un comunicado para quitarlle leixitimidade a unha suposta asemblea local en Ourense na que se decidiu apoiar a En Marea nas eleccións xerais. Asegura a dirección de Anova que se fixo sen ter en conta das normas da organización e marxinando a militantes que non foron convocados na localidade.

Segundo apunta no comunicado, decisións como as de rachar Ourense en Común pactando con outros sectores unha nova plataforma electoral ou as de presentárense nas primarias de En Marea son contrarias ás decisións estratéxicas de Anova e tampouco tiveron o aval da asemblea local de Ourense.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/03/2019