CRTVG

Buscar

Anova quere sumar con forzas de esquerda nas vindeiras eleccións

Publicado o 14/12/2019 14:50

Anova define na Asemblea Nacional o seu programa político e posteriormente a fórmula de concorrencia de cara ás próximas eleccións autonómicas. Apostan por ser parte dunha alternativa política que sume con outras formacións de esquerdas.

Na xuntanza renóvase a Coordinadora, á que se presenta unha única candidatura encabezada polo actual portavoz, e na que tamén figuran Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras.
Antón Sánchez insistía en que a cidadanía galega está sufrindo o retroceso de dereitos sociais e laborais e o "colapso", dixo, na xestión pública do Goberno de Núñez Feijoo. Ante esta situación ve necesario que Anova forme parte dunha alternativa política de unidade popular, sempre que as negociacións se fagan entre iguais.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/12/2019