CRTVG

Buscar

Anova negocia coas forzas á esquerda do PSOE e co BNG para as eleccións galegas

Publicado o 01/02/2020 15:28

Anova celebrou esta mañá unha xuntanza da Coordinadora Nacional que fixa a axenda política con vistas ás próximas eleccións galegas. A organización mantivo xa unha serie de contactos informais con todo o espazo político á esquerda do PSOE, na que tamén incluíu o BNG.

No plan trazado a partir de agora o labor de Anova será establacer unha interlocución entre todos estes axentes políticos e outros espazos cidadáns. A organización di estar preparada para o proceso electoral, e que traballando en conxunto con outras forzas poderían liderar o cambio político.

"Comezamos xa con contactos máis formais entre organizacións, tamén co espazo municipalista, tamén coas plataformas, e Anova vaise mover polo conxunto do país testando o conxunto da cidadanía que está nestes momentos nunha posición de cambio político, moitas veces orfa de referencias políticas." Di Martiño Noriega, responsable de relacións políticas de Anova.

Noticias web

01/02/2020