Anova e as mareas municipalistas desmárcanse de Villares para as eleccións galegas
As mareas municipalistas, Anova e outros dos que conformaron no seu día a chamada esquerda rupturista buscan alianzas para unha candidatura de unidade nas autonómicas deste ano. Aspiran a recuperar o electorado que chegaron a ter en 2016.
Jorge Suárez, Ferrol en Común: "Non falar tanto de rupturismo dentro do ruptursimo e tratar de sumar todos, dunha vez por todas ser conscientes que eses 400.000 votos que tivemos nunha ocasión, nunhas xerais poden volver repetirse se somos conscientes de que a cidadanía está a esperar por nós"
Xosé Manuel Beiras, Anova: "Trátase de facer un proceso de artellar ese espazo sen pensar en competir cos demais. Simplemente ocupar un espazo baleiro, un espazo desnortado.
Beiras fala de buscar un espazo de unidade entre o nacionalismo e a esquerda, do que exclúe a En Marea de Villares por consideralo un proxecto practicamente liquidado.
Luís Villares, En Marea"É moi doado situarse no lado do non. E é moi fácil botar balóns fóra en vez de asumir a propia responsabilidade no fracaso dun proxecto político en que Anova tiña moito que dicir e non participou activamente á hora da súa consolidación.
En Marea concorrerá coa súa propia marca ás eleccions autonómicas.